Quenindiola é unha expresión empregada na lingua galega para dicir que algo é xenial. E ese é o desexo desta marca galega, crear produtos artísticos diferentes, que ademais dun recordatorio de Compostela, sexan pequenas obras de arte atractivas polo seu deseño, pola súa calidade e, sobre todo, por estar Quenindiola.

O noso obxectivo é facer unha reinterpretación moderna das iconas de Compostela, en particular do Camiño de Santiago, dende serigrafías artesanais cun estilo gráfico de marcada personalidade propia.

O valor diferencial dos nosos soportes é o I + D galego patentado, que proporciona unhas características visuais e táctiles sorprendentes pola súa novidade, simplicidade e beleza.

Son ademais produtos flexibles e fáciles de transportar, o que os converte en artigos ideais para agasallar.

Sen dúbida, unha lembranza inesquecible da súa visita á capital de Galicia.

Quenindiola