Quenindiola: unha marca fresca, elegante e divertida
Por que vos chamades Quenindiola?
Ocorreu despois de múltiples tormentas de ideas. Este termo expresa mellor ca ningún outro a filosofía da marca e a personalidade de quen a creamos.
É unha marca galega creada por xente galega e gustounos a idea de que o nome así o reflectise.
Quenindiola é a nosa expresión garantía de algo divertido, sorprendente e atractivo. Vamos... que está quenindiola!
Cal é o voso propósito como marca de ilustración?
O noso obxectivo é mostrar, como testemuñas dela, a riqueza de Galicia. O seu patrimonio cultural, as súas costumes, a súa historia e as súas lendas. Dar a coñecer e entender, en definitiva, esta terra e a súa xente.
Para iso temos dúas vías:
1. Convertemos as iconas que conforman o noso patrimonio cultural en pequenas obras de arte. Iso si, sempre cun estilo propio e cunha imaxe
#fresca #elegante e #divertida
2. A través do noso blog afondamos un pouco máis. Detrás das iconas que compoñen o patrimonio dun lugar determinado, hai historias humanas incribles. Esas iconas chegaron aos nosos días porque detrás dos seus cimentos hai persoas que as pensaron e que as fixeron posibles. Esas persoas con nomes e apelidos e as súas motivacións son as que queremos descubrir, coñecer e entender. Por suposto, cun ton
#sinxelo, #elegante e #divertido
Para quen nace Quenindiola?
Quenindiola nace para amantes da arte, da artesanía e do deseño. Para persoas que ademais unha imaxe especial de Galicia, porque viven aquí e queren tela, porque lla queren enviar e regalar a amigos ou familiares emigrados, ou porque viñeron de visitantes e queren levala como recordo.
Por outra banda, cando xa estabamos no mercado, numerosas empresas pedíronnos que lles personalizásemos os nosos deseños e/ou produtos coas súas imaxes corporativas ou lemas. Pareceunos unha aposta moi interesante e creativa, así que ampliamos o noso abanico de clientes.
Ademais, estamos incorporando produtos que poidan personalizarse total ou parcialmente, para as persoas que queiran darse un capricho ou que desexen sorprender a alguén especial cun agasallo feito a medida. Xa temos algúns no noso catálogo e seguiremos ampliando as opcións.
Sendo ilustradores, por que decidides ofrecer produto ademais de ilustración?
Ofrecemos ambas as cousas, segundo as necesidades de cada cliente.
E desde logo, a nosa prioridade é traballar con artesáns galegos, cuxa filosofía está aliñada coa nosa. Isto permítenos combinar un soporte artesanal co valor artístico das nosas ilustracións. Encántanos ese resultado final que transmiten os obxectos feitos con esmero e con agarimo.
Ademais de seren artísticos, queremos que os nosos produtos sexan prácticos e que non se convertan “obxectos acumuladores de po”. Determinados artigos resultaban interesantes cando os televisores eran de tubo. Poñíanse encima do aparello e permitíannos presumir diante de familiares e amigos de que viaxaramos. Pero agora os televisores son planos e viaxar converteuse en algo habitual.
Que é o primeiro que destaca a xente cando vos coñece? E como o conseguides?
Que teñamos unha imaxe tan recoñecible, xa que traballamos unicamente con 4 cores, precisamente para conseguir esa representación tan propia (azul, vermello, branco e negro), que son cores simbólicas en Galicia.
Para o estilo gráfico inspirámonos nas formas bidimensionais do románico galego. A partir de aí creamos o noso propio código e aplicámolo en cada deseño que facemos.
Dedicámoslle moito tempo e traballo, porque facemos un estudo e unha observación moi detallada desa icona. Realizamos varios bosquexos e temos claro o esbozo sobre o que imos traballar, investigamos como abstraelo e interpretalo baixo o noso código.
É un traballo minucioso, que leva o seu tempo, e que ao final vale a pena.
Algún comentario que vos marcou especialmente?
Sen dúbida sentímonos moi gratificados cando escoitamos palabras como as de Elena, de Lugo:
“quero que vos coñezan e vou mandar unha postal vosa aos meus tíos de Montevideo para que vexan que cousas tan chulas se fan en Galicia”. É que me facedes sentir orgullosa das cousas que facemos aquí”
Estas mensaxes son as que nos fan sentirnos recompensados por todo o traballo que lle dedicamos a crear esta marca e todo o que ela representa para nós.
Grazas a todos os que dedicades parte do voso tempo a coñecernos!